Festas na honra á Virxe de Fátima en Olás

posted in: Festas, Ocio | 0

As festas na honra á Virxe de Fátima na parroquia de Olás teñen lugar o segundo fin de semana do mes de maio, coincidindo así coa celebración de dita Santa que é o 13 de Maio.

Ó longo desa fin de semana, no campo da festa situado ó carón da igrexa parroquial, teñen lugar unha ampla oferta de actividades aptas para todos os públicos: campionato de tute, cea popular, verbena con grupos musicais, discoteca móbil, alborada e sesión vermú con charanga, corais,…

Podedes atopar máis información na páxina web da Asociación de Veciños San Pedro de Olás: www.olasdevilarino.es