Igrexa de construción sinxela do século XVIII, dunha soa nave e capela maior, que tivo posiblemente a súa orixe nunha pequena ermida derruída no século XVII. No seu interior destaca o retablo maior, neogótico e un retablo lateral barroco dedicado á Inmaculada. Conserva tamén no seu interior un artesanado de tradición mudéxar que cubre a nave. Na porta lateral dereita, destaca un escudo de armas barroco datado entre os séculos XVII e XVIII.
Galería fotográfica
Localización
Igrexa de Santa Mariña de Entrambosríos