Está situado a uns trescentos metros do denominado Muíño do Cadete, nunha paraxe encañonada na que volvemos atopar unha nova presa. Trátase dun novo exemplo de muíño-vivenda que reviste un carácter pechado, tal é a súa planta en forma de U.
O edificio aparece habilitado cun total de tres moas con caixa, os seus respectivos infernos e dúas gramalleiras. Os muros das construccións aparecen levantados a moi escasa altura con cachotería concertada. Dispón dunha única planta, a terrea, levantada sobre o chan uns 90 cm. mediante un laxeado granítico bastante inusual. A rusticidade da construcción impide a apertura de grandes ocos nos seus muros de peche, o que lle impide dotar o interior dunha boa iluminación natural.
Actualmente o edificio aparece practicamente comesto e oculto pola maleza.