Muíño de Taín

Está situado a uns cincuenta metros do chamado Muíño das Regueiras, e na mesma marxe dereita do
Río Arnoia, atópase este impresionante conxunto en bo estado de conservación.

Consta dun total de catro moas de carácter lineal, unha vivenda con tres dependencias, un forno tradicional e outro muíño posterior en estado ruinoso. A planta tremiñado do primeiro muíño conta con todos os elementos característicos desta edificación: dúas gramalleiras co seu torno, arcas, moxegas, pousadoiros de madeira…

O muíño levántase en pedra de cachotería de pequenas dimensións que só permiten horadar nos seus muros unha porta de acceso e unha pequena bufarda. A vivenda dispón de dous andares e tres dependencias, mentras que o forno de ladrillo se adosa á rocha do monte. A súa cuberta a unha única auga está configurada con tella curva do país.

Ó pé deste conxunto existiu unha pontella que permitía a comunicación cunha aldea próxima, e que foi derrubada polo río. Acualmente, soamente se conserva a primeira cepa de cada ribeira.

Galería fotográfica

Localización

Muíño de Taín