Aldea abandonada da Ponte Ermida

posted in: Arquitectura Civil, Outros, Patrimonio | 0

A última veciña abandonou a aldea durante o inverno de 1974, polo que hai máis de 40 anos que ninguén habita estas casas. Este lugar estaba composto por doce vivendas nas que chegaron a vivir seis familias con dezaoito fillos.

Ó carón desta aldea atópase o Outeiro do Castro, que presenta unha secuencia arqueolóxica de ocupación que vai dende o castro ata a Baixa Idade Media ou a Idade Moderna habendo: existencia de materiais romanos, asentamento da época romana-tardorromana-altomedieval e quizais ata os séculos X-XII, necrópole da época probablemente altomedieval, posible fortificación da época probablemente alto e plenomedieval e unha ermida quizáis altomedieval que perdurou ata a Baixa Idade Media – Idade Moderna que sería ó final o último vestixio deste poboamento.

Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media : tesis doctoral (2008). Sánchez Pardo,José Carlos. Universidade de Santiago de Compostela.

Galería fotográfica

Localización

Aldea abandonada da Ponte Ermida