Antiga escola de Corvillón

posted in: Arquitectura Civil, Outros, Patrimonio | 0

Edificio de dúas plantas e baixo cuberta con teito a dúas augas con tella plana, que foi construída no século XX para ser escola.
Edificación rectangular construída a base de perpiaño e cachotería cunha planta simétrica, salvo a escaleira cara o segundo piso. No seu eixo central, sitúase aporta de entrada a que se accede pola referida escaleira.
Na parte alta ten catro ventás cadradas grandes, ademais de outras dúas intercaladas de menor tamaño, todo isto polo lado de poñente.
Na planta baixa dispón de unhas ventás enreixadas e nas cabezas ten portas de entrada gorecidas por unha especie de solaina con cuberta a unha auga e sostida por parede en L con ocos.
Situada a poucos metros da igrexa parroquial, actualmente funciona como local social do Corvillón

Galería fotográfica

Localización

Antiga escola de Corvillón