Camiño dende o depósito do Casal á Fontela da Fraga

posted in: Actividades, Sendeirismo e Btt | 0

Esta é unha andaina bastante curta, 1 Quilómetro de ida e outro de volta, pero abofé que paga a pena. Iniciamos o noso camiño xunto ó depósito de auga do Casal para ir descendendo paseniñamente cara A Fraga a través dun sendeiro verdadeiramente espectacular custodiado por Soutos e Carballeiras centenarias para finalmente chegar ata un dos lugares máis máxicos da nosa zona A Fontela da Fraga.

Powered by Wikiloc

Galería fotográfica

Vídeo