Canle do Ruca

A canle do Ruca

posted in: Sendeirismo e Btt | 0

Contexto histórico

A “Canle do Ruca” é unha obra de enxeñería hidráulica realizada na década dos 30 do século XX, co obxectivo de producir electricidade a través da forza da auga. A idea do proxecto foi de Francisco Conde-Valvís Fernández, máis coñecido como “O Ruca”, investigador alaricano que na primeira metade do século pasado, ademais de introducir a enerxía eléctrica na provincia de Ourense, financiou e dirixiu varios proxectos de investigación arqueolóxica e estudos históricos

Ruta de Sendeirismo

Canle do Ruca
Canle do Ruca

Partiremos da aldea de Rubillós en dirección leste ata un pequeno afluínte do río Arnoia. Logo ascenderemos por un empinado camiño que penetra nunha fraga que nos levará ao comezo da canle do Ruca, onde se ubican as ruínas da comporta e da casa das turbinas. Continuaremos polo canal e, antes de internarnos no túnel, pasaremos á beira das ruínas do muíño do Durán, que en tempos producía fariña para os veciños das aldeas da contorna, do mesmo xeito que o muíño dos Mouros, cuxas ruínas se atopan un pouquiño máis arriba. Seguindo a canle chegaremos á comporta 1, onde se recollería a auga da presa que alimentaría á canle e que nunca se chegou a construír.

No regreso, polo mesmo camíño, ascenderemos por un camiño enlousado a un mirador que nos permitirá contemplar a magnitude do canal e a espléndida frondosidade da fraga do río Arnoia. Descenderemos do mirador ata a canle, e seguiremos á beira do río ata a ponte de Rubillós para voltar ao punto de partida.

Powered by Wikiloc

Vídeo