O conxunto de hórreos da eira dos Trizós, no pobo de Zarracós, actualmente está formado por catro pezas de tipoloxía única (madeira) que presentan un pésimo estado de conservación. Orixinalmente, nesta eira había máis canastros, pero algúns foron caendo conservándose soamente os pés e outros foron trasladados de localización, por exemplo, un dos que agora está ó carón Igrexa parroquial, antigamente estivo nesta eira.
Estes érguense maiormente sobre unha soleira aterrada nos máis dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular rematada nun tornarratos, unha peza de pedra rectangular soportada por cada par de pés ou cepa que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varía en función da lonxitude da paneira e neste caso atopámonos que todos teñen catro pés.