O Coto das Móas é unha cima conformada por un espectacular conxunto de penedos, no que destaca un por enriba de todos, xa que está apoiado sobre o resto, e mesmo parece que alguén o colocou alí a mantenta. Este é un dos puntos de interese do Roteiro da Broa e atópase entre os pobos de Cobas do Río e Salpurido. Seguindo o roteiro, é realmente fácil chegar a el xa que está sinalizado e soamente hai que desviarse 50 metros da ruta.
Pero, abofé que paga a pena, xa que dende este máxico lugar oése o murmurio do río e tamén se poden admirar unhas fermosas vistas do Val do Arnoia e tamén e da denominada “Lagarteira” composta polos pobos da marxe dereita do río: Forxas das Viñas, A Pousa, Taín, Santa Baia, A Pousada,
Galería fotográfica
Vídeo
Localización
Coto das Moás