A escasos cen metros da capela do Carme, en Entrambosríos, podemos ver esta cruz que se asenta sobre un penedo e nace sobre unha base de sección cónica que posúe un par de rebaixes contrapostos.O fuste (ou esteo) é de sección octogonal e a cruz, de considerables dimensións, tamén é de sección octogonal cos remates aguzados.
Tradicións, contos e lendas
Nesta cruz da a volta a procesión que sae da capela do Carme.
Galería fotográfica
Localización
Cruceiro da capela en Entrambosríos