Este cruceiro é dos chamados “de Cruz” (é dicir, sen imaxe de Cristo na Cruz). A cruz é de sección octogonal, con remates florenzados. O capitel está formado por dúas pezas ben diferenciadas, unha inferior circular e outra superior cuadrangular que contén grabados nos que se distingue unha caveira con dúas tibias cruzadas, en clara alusión á morte. Que o capitel estea formado por dúas pezas podería indicar que proceden de diferentes cruceiros. O fuste ( ou esteo) é de sección octogonal. A base (ou pedestal) é cuadrangular e de escasa altura, estando situada sobre unha plataforma dun chanzo con forma irregular.
Cruceiro en Cobas do Río
Cruceiro en Cobas do Río