Cruceiro da igrexa en Olás

Este cruceiro é dos chamados “de Crucifixo” (é dicir, ten a imaxe de Cristo na Cruz). A cruz é de sección cuadrangular con remates florenzados, no anverso atópase a figura de Cristo crucificado con tres cravos e no reverso non ten ningunha figura. O capitel é cilíndrico con debuxos xeométricos (triángulos e semicírculos). O fuste (ou esteo) é de sección circular. A base (ou pedestal) é de forma cúbica coas arestas rebaixadas (é dicir, en chafrán). A plataforma é de forma cuadrangular cun único chanzo.

No ano 2012, un accidente ou unha falcatruada case poñen fin a este cruceiro que data do ano 1947. Afortunadamente, os veciños gardaron os anacos e puido restaurarse esta peza patrimonial da tan aprezada pedra de Lameiroquente, tallada en tres pezas polo afamado canteiro Cendón (pai) de Entrambosríos.

Galería fotográfica

Localización

Cruceiro da igrexa en Olás