Este cruceiro atópase nunha propiedade privada e é dos chamados “de Crucifixo” (é dicir, coa imaxe de Cristo na Cruz). A cruz é de sección circular, leñosa e con nós. No anverso atópase a figura de Cristo crucificado con catro cravos, pelo longo, mans abertas, cabeza inclinada cara a dereita e cartel de INRI. No reverso figura a Virxe sobre unha peana e en actitude de pregar. O capitel é cuadrangular, con volutas e follas de acanto. O fuste (ou esteo) é de sección cadrada na parte inferior mudando a octogonal na parte superior. A basa (ou pedestal) é octogonal na parte superior e cuadrangular na inferior. A plataforma é de catro chanzos de forma cuadrangular, estando os dous chanzos inferiores semienterrados pola inclinación do terreo, cabe destacar que estes están directamente labradados no penedo sobre o que asenta o cruceiro.
Cruceiro en Zarracós
Cruceiro de Zarracós