Fonte do San Ceriz en Zarracós

posted in: Arquitectura Civil, Fontes, Patrimonio | 0

Porta adintelada con sillares de granito

Tradicións, contos e lendas

Ata finais dos anos setenta principios dos oitenta o San Ceriz era un santo que contaba con moita devoción na nosa zona, por iso, ás celebracións na súa honra acudía moita xente dos arredores, principalmente de Berredo, Froias, As Quintas, San Pedro… Estes encomendábanse ao santo para que lles coidase o gando cando enfermaba,e se as súas pregarías facían efecto, ao ano seguinte acudían a festa e ofrecían lacóns e polos que logo eran poxados polo San Cristán co fin de recadar diñeiro para o Señor Cura. Tamén existía a tradición de coller auga na fonte Igrexa, para logo darlla de beber aos animais cando estaban enfermos, xa que se lle atribuían propiedades milagreiras.

Galería fotográfica

Localización

Fonte do San Ceriz