I xuntanza para andar Terras da Broa

posted in: Actividades, Sendeirismo e Btt | 0

Esta Primeira Xuntanza para Andar Terras da Broa, consiste nunha ruta circular duns 9 Qm de distancia e dificultade moderada.

A saída será do campo da festa de Zarracós, dende o que partiremos en dirección Salpurido polo demonidado “Camiño dos Mortos”, aínda que nos desviaremos un pouco para gozar da beleza da chamada “Canella dos Mortos”, xa en Salpurido, continuaremos baixando pola “Canella dos Cardeeiros” para seguidamente xirar a dereita cara o pobo de Cobas do Río, despois de percorrer o fondo deste núcleo singular, colleremos o chamado “Camiño do Bouzal” en dirección á Ponte Ermida, camiñaremos pola rúa central deste fermoso pobo abandonado e logo colleremos o “Camiño do Muíño do Cándido” para regresar de novo a Cobas do Río, dende o que iremos de novo polo “Camiño das Moás” e seguidamente polo “Camiño da Fraga” que nos levarán ata Entrambosríos, non sen antes facer parada na “Fontela da Fraga” e no “Mirador da Aira da Lera” (Unhas vistas espectaculares). Unha vez en Entrambosríos e despois de facer un pequeno tramo de estrada, xiraremos cara esquerda para subir por onda a antiga escola de Entrambosríos e coller o denominado “Camiño de Chelos” que nos levará novamente á Fraga para seguidamente xirar á dereita para ir ó depósito de auga do Casal, xa dende ahí, colleremos o “Camiño da Arrotea” e logo xiraremos a dereita para continuar polo “Camiño do Outeiro da Fora” e adentrarnos no barrio da Torre do pobo de Zarracós, onde xiraremos a dereita para ir á fonte do pobo e logo subir polo barrio dos Trizós para coller a “Canella da Igrexa” e rematar no punto de inicio, o campo da festa de Zarracós.

Powered by Wikiloc

Galería fotográfica

Vídeo