Igrexa de Olás de Vilariño

Igrexa de construción barroca, século XVIII, aínda que con reformas no século XX debidas á destrucción que sufriu como consecuencia dun vendaval acaecido no ano 1941. No seu interior destaca o retablo maior, barroco, realizado polo Maestro González entre 1735-36.

Retablo de 1735, obra do Maestro José González, o que non implica que a igrexa sexa tamén deste século; proba disto é que parte da actual igrexa xa existía dende o século XVI. Estivo situada no vial norte do Monte do Castro e no século XVIII foi cando se trasladou a súa ubicación actual. A igrexa sufriu posteriores danos polo que en 1813 se levantou a fachada actual.

Dende mediados do primeiro cuarto do S.XX, trala imfluencia relixiosa que chegaba dende Portugal e coa doazón da actual imaxe por parte dun devoto da parroquia, a parroquia cambiou a devoción pola Virxe de Fátima, que se conserva na actualidade.

Galería fotográfica

Localización

Igrexa de Olás de Vilariño