Igrexa de Santa María de Corvillón

posted in: Arquitectura Relixiosa, Igrexas | 0

Igrexa barroca do século XVIII, con modificacións no século XX. Cuberta con madeira, destaca a capela maior, de bóveda de crucería, da que os nervios arrancan de catro ménsulas situadas en altura na metade da parede. O retablo maior é do último tercio do século XVIII, en estilo neoclásico.

A tribuna está sostida por dúas columnas que levan adosadas unhas pías de auga bendita e na sacristía existe un retablo barroco de columnas salomónicas e decoración vexetal, obra do segundo tercio do século XVII, e que alberga nas súas hornacinas as imaxes de San Blas, San Miguel e San Roque.

No ano 1941 e como consecuencia dun vendaval, parte da igrexa foi destruída, polo que foi necesario reconstruir os danos, dotando ao edificio dunha torre maciza adosada á fachada e construída por canteiros locais.

Galería fotográfica

Localización

Igrexa de Santa María de Corvillón