Saímos do chiringuito de Pazos para percorrer o centro do pobo en dirección á aldea da Medorra, pero xusto antes de chegar á mesma, xiraremos cara esquerda para ir por unha pista que nos levará bordeando todo o regato de Fechiñas (á marxe dereita poderemos divisar o Muíño do Odilo) ata atoparnos coa Verea Real e chegar ó pobo de Oxén de Abaixo, continuaremos por este sendeiro medieval un bo intre e logo xiraremos a esquerda cara o pobo de Oxén de Arriba, onde despois de percorrer as súas rúas subiremos ata a denominada Fonte dos Ollos e dende aí iniciaremos o descenso cara o pobo de Olás por un fermoso camiño encañonado que no deixa indiferente a ninguén. Unha vez en Olás, iremos en dirección a Igrexa Parroquial e colleremos o denominado “Camiño dos Mortos” que nos conducirá ó “Cruce do Curro”, seguidamente xiraremos a dereita para ir á “Fonte de Campos”, atravesar o pobo de Campos e continuar en dirección cara o Río Arnoia, aínda que nos desviaremos un pouco antes cara esquerda para ir ata a aldea da Medorra e finalizar no pobo de Pazos.
II xuntanza para andar Terras da Broa
Powered by Wikiloc