Lavadoiro do regueiro de abaixo en Cobas do Río

posted in: Arquitectura Civil, Fontes, Patrimonio | 0

O lavadoiro do regueiro de abaixo, tal e como indica o seu nome, está situado na parte inferior do pobo de Cobas do Río. Esta é unha antiga construción destinada a lavar a roupa dos membros da unidade familiar. Realizada en pedra granítica de boa cantería, os seus perpiaños dan forma a un cubo de aproximadamente un metro de altura, denominado pilón, que se enche coa auga procedente do regueiro de Fontao para facilitar o lavado das distintas prendas de vestir.

En dous dos seus lados sitúanse varias pedras planas dispostas de xeito oblicuo e a media altura, de maneira que se acomoden o máximo posible á postura da persoa que, sempre erguida e en posición lixeiramente curvada, executa os labores de lavado.

Galería fotográfica

Localización

Lavadoiro do regueiro de abaixo en Cobas do Río