Miradoiro da Malladoira

posted in: Patrimonio, Patrimonio Natural | 0

Descrición

O miradoiro da Malladoira é completamente natural e está situado nas inmediacións da aldea de Oxén De Arriba. Recibe o seu nome de antigamente se usaba como eira para mallar o trigo, posto que consiste nunha espectacular laxa granítica dende a que poden admirarse unha vistas excepcionais.

Se miramos cara a nosa dereita atoparemos o Monte do Castro, xusto en fronte a vila de Celanova e xa máis a esquerda o Coto de Berredo e o Monte do San Cibrao. Sen dúbida, un lugar fantástico para relaxarse.

Galería fotográfica

Vídeo

Localización

Miradoiro da Malladoira