O miradoiro da Airiña da Lera atópase na parroquia de Entrambosríos e a el pódese acceder facendo un pequeno desvío no Roteiro da Broa. Así, despois de entrar por un camiño demarcado por fermosos muros de pedra seca, atoparémonos cunha eira na que hai instalado un columpio biplaza e unha mesa para merendar, mentres gozamos das fermosas vistas do Val do Arnoia presidido pola Canle do Ruca, se continuamos un pouquiño máis adiante chegaremos a unha fermosa valconada de madeira dende a que se pode divisar todo o Val do Arnoia ata Celanova.
Galería fotográfica
Vídeo
Localización
Miradoiro da airiña da Lera