Pombal de Corvillón

Pombal con planta circular con cerramento en cachotería de granito concertada, enfoscada e caleada.
Polo lado do nacente ten un pequeno oco de entrada, consistente en porta alintelada.
A cuberta cónica que tivo, xa non o protexe pois está desprovisto de ela, e está totalmente invadido pola maleza no seu interior.
Cornixa saínte no muro que servía de apoio para a chegada das pombas aos seus niños
O pombal é unha peza arquitectónica habitualmente presente en pazos, mosteiros, reitorais e casas grandes labregas. Neste caso atopábase preto da reitoral do Corvillón.

Localización

Pombal de Corvillón