Pombal de Olás

Pombal de planta cadrada con muros de contención formados por mampostería de granito. Na parte superior posúe unha soleira de pedra que o cingue, servindo como pousadoiro para as pombas que entran ó seu interior a través duns buratos cadrados. Estas durmen e crían nos nichos de pedra compartimentados ó longo de todas as paredes perimetrais. A cuberta é de tella do país a catro augas e rematada cun pináculo. Ó seu interior pode accederse por medio dunha porta de pequenas dimensións

Este tipo de construción era moi frecuente nas terras das familias máis facendosas costituíndo un signo de prestixio social, mais que unha importante fonte de ingresos, que tamén o era. Situábanse en lugares elevados, lonxe de árbores que puideran servir de acubillo para as aves rapaces, orientados cara o mediodía e abrigados dos ventos dominantes.

Localización

Pombal de Olás