Ponte das Poldras

posted in: Arquitectura Civil, Patrimonio, Pontes | 0

Esta ponte está situada ó carón do denominado “Muíño do Pulido” e xa na baixa idade media era empregada polos veciños da zona para desprazarse ata A Merca e por extensión ata Ourense.

A pesares de que na zona este tipo de construción recibe informalmente o nome de ponte, neste caso particular trátase dunha pontella. Unha solución arquitectónica que está a medio camiño entre as pontes tradicionais e os pasos ou pasais como medio utilizado desde tempo inmemorial para franquear o cauce dos ríos.

Esta, está integramente construída con perpiaño de granítico ben traballado e de gran calidade, ten un ancho aproximado de 1,5 metros e posúe 12 cepas ou machóns que sosteñen un piso composto por laxes que van de cepa a cepa ata ir compoñendo unha serie de tramos que dan cabida a un oco inferior ou luz duns dous metros de longo e forma rectangular que permiten o paso sobre o río Arnoia.

Galería fotográfica

Vídeo

Localización

Ponte do Pulido