Ponte dos Pasás

posted in: Arquitectura Civil, Patrimonio, Pontes | 0

Esta construción non é unha ponte propiamente dita, senón que é un pasal ou poldra, de ahí o seu nome “Os Pasás”. Así, esta infraestructura peonil é unha solución arquitectónica que se atopa a medio camiño entre unha pontella e unha ponte tradicional estando conformada por son unha serie de pedras fincadas verticalmente no leito do río Arnoia e dispostas en liña a unha distancia aproximada de medio metro entre si, isto permitía cruzar dunha beira do río á outra sen mollarse. Cabe destacar, que esta poldra está localizada nun lugar no que o río Arnoia conta con escasa profunidade, o que permitía que as persoas cruzasen polas pedras e os animais (burros, bestas, bois, vacas,…) ó caron das mesmas polo leito do río.

O seu estado de conservación é bastante malo e apenas permite aprezar a infraesctructura orixinal, sobre todo na súa parte central, aínda así nas pedras que se conservan en ámbalas dúas beiras do río pode aprezarse un gran desgaste na parte central das mesmas, o que da unha clara idea do gran uso que tiveron noutros tempos.

Os veciños de Entrambosríos empregaban habitualmente este paso para ir ata Faramontaos,A Merca, Ourense…

Galería fotográfica

Localización

Ponte dos Pasás