Festa do San Ceriz 2009

Levada a cabo o pasado sábado 20 de Xuño

Este Sábado, día 20 de Xuño de 2009, tiveron lugar un ano máis (e xa van 10 consecutivos) os festexos na honra a San Ceriz.

A xornada festiva para a parroquia comezaba as 12.30 da mañan, cando tiña lugar a misa solemne e posteior procesión na honra ao devandito santo. Unha vez finalizados os actos relexiosos abríanse camiño os actos "paganos", nos que as case 110 persoas que se deron cita nesta décima edición puideron degustar dun tracional "xantar á feira" : empanada, polbo, carne ao caldeiro con patacas, bica, café, licores varios, viño tinto e branco...

Así, como en toda boa festa que se precie na parroquia de Zarracós non podía faltar a nota musical, que como non, correu da man dos músicos do pobo, os que de maneira altruista e con gran ilusión interpretaron todo o seu extenso repertorio para facer as delicias dos asistentes.

Dende a Asociación de Veciños queremos expresar o noso agradecemento a todos os veciños pola asistencia a este festexo, que a pesares desta crise que nos esta tocando vivir, superouse reunindo ao maior número de xente nos últimos 5 anos. Esperamos que o servicio e en xeral toda festa fose do voso agrado, e como non o próximo ano máis ... e de non ser mellor, que alo menos sexa igual.

Para mostra do gran valor desta reunión da parroquia, queda a disposición de todos vos unha extensa galería de fotos que poderedes ver pulsando na imaxe:

30 de Xuño do 2009




Destacamos