Un roteiro de 22 km polos montes e poboacións do municipio, cunha dificultade media e unha duración estimada de 5 horas.
A inscrición deberá realizarse a través do formulario habilitado na páxina web do Concello de A Merca http://www.amerca.es , tamén se poderá apuntar directamente nas oficinas da Casa do Concello ou no Bar Parroira (Fontao - A Merca).
Asemade, terá que realizar un abono de 5 € na conta corrente número 2080 0316 22 0040005346 que o Concello de A Merca ten en Novacaixagalicia, indicando nome, apelidos coincidentes coa inscrición. O xustificante do pagamento entregarase o día da camiñada.
O importe da inscrición da dereito a camiseta e avituallamento
O Prazo para inscribirse remata o Xoves 5 de Maio
16 de Abril do 2011