Festas de Entrambosríos 2011

Os días 13 e 14 de Agosto

ENTRAMBOSRÍOS 2011

Festas na honra da nosa señora do Carme

Os días 13 e 14 de Agosto

O sábado 13 de Agosto

Haberá unha cea popular para os veciños no parque recreativo ás 22:00 h. e, ao ramatar, comezará alí mesmo a verbena co trío “Fin de Semana”.

O domingo 14 de Agosto

Ás 10 da mañá, alborada coa charanga “Troulada”

Ás 13:00 h. misa cantada e pola tarde

Ás 18:30, o clásico futboleiro de tódolos tempos: solteiros VS casados e asimilados.

Ás 19:30 haberá xogos infantís tamén no parque e contra as 22:00 h.

Comezará a festa – verbena na praza da Capela, amenizada polo “Dúo Camelia”.

Ao remate, coma sempre, queimada para marchar quentes á casa. E sen présas, que o luns é festivo…

25 de Xullo do 2011




Destacamos