A comisión de festas da parroquia veciña xa vai adiantando algunhas das actividades programadas para as festas de 2012: se ben a actividade a realizar o venres aínda segue a ser unha incónita, a cea do sábado xa está confirmada no Campo da Festa a partir das 21:30 h. Confirmada tamén a actuación do dúo Sabrosito na verbena do sábado.
O domingo, alborada dende primeira hora da mañá coa charanga Lanzallamas, misa na capela do Carme, partido de solteiros VS casados e/ou asimilados no Pavillón da Merca, xogos infantís e, como non, verbena a cargo do trío Pachán. Poñendo remate a unha fin de semana de categoría coa tradicional queimada e sesión de contos e chistes.
05 de Abril do 2012