Publicamos e difundimos a información proporcionada polo Concello de A Merca para todas aquelas persoas que desexen reclamar danos por mor do incendio
Con motivo do incendio que tivo lugar no Concello de A Merca o pasado día 23 de Setembro, este organismo, pon a disposición dos veciños afectados deste Municipio, un servizo de atención aos cidadáns a efectos de que den conta dos danos que se ocasionaron nas súa propiedades (construcións, instalacións, cultivos, etc) por mor do lume.
Este servizo, estará localizado na casa do Concello, de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.
Dado que este Concello, solo conta con quince día para tramitar a declaración de zona catastrófica, sería necesario que ditas reclamacións sexan realizadas o antes posible.
26 de Setembro do 2013