O Concello de A Merca abre a convocatoria para a contratación dun -Encargado de instalacións deportivas -

O Concello de A Mercar abre a convocatoria para a contratación dun -Encargado de instalacións deportivas -

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación:

1.- Denominación da praza: Encargado das Instalacións Deportivas municipais e actividades deportivas do Concello de A Merca.

2.- Tipo de contrato: Interinidade, a tempo parcial.

3.- Duración do contrato: Durante a excedencia do titular.

4.- Sistema de selección: O procedemento selectivo será o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido nesta convocatoria.

5.- Requisitos dos aspirantes:

A. Comúns.

a) Ser español/a ou membro da unión europea nos termos previstos na normativa de aplicación.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión da titulación mínima de graduado en E.S.O.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións correspondentes.

e) Non ter sido separado do servizo de ningunha das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

B. Específicos.

1. Monitor de ximnasio, fitness, pilates, musculación.

2. Socorrista

3. Monitor de natación.

4. Entrenador deportes colectivos

5. Primeiros Auxilios

6.- Prazo e lugar para a presentación de instancias: 10 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP

 

Podedes descargar as bases no seguinte enlace: bases da convocatoria

30 de Decembro do 2013




Destacamos