Esta semana operarios da brigada de obras do Concello de A Merca procedían á poda das árbores do campo da festa e do campo de fútbol de Zarracós tratando de darlles forma e controlando que súa envergadura non sexa excesiva. Este traballo comeza a tomar importancia, dado que, entre os dous espazos públicos suman unhas trinta árbores que xa comezan a ter un tamaño considerable.
15 de Febreiro do 2014