Clausura Curso Manualidades 2013/2014

Celebrada o pasado Domingo, día 23 de Marzo do 2014

Clausura Curso Manualidades 2013/2014

O pasado Domingo, día 23 de Marzo de 2014, tiña lugar a xa tradicional cerimonia de clausura do Cursiño de Manualidades, correspondente ao curso “académico” 2013/2014. Esta, é xa unha celebración moi consolidada na nosa parroquia, pois van máis de doce edicións, que a converten nun máis dos múltiples festexos que se levan a cabo na parroquia de Zarracós ao longo do ano.

A esta mostra asistiron preto dunhas oitenta persoas chegadas de todos os puntos da parroquia e dos pobos limítrofes que, no novo local socio-cultural puideron admirar unha extensa exposición dos traballos realizados ao longo do devandito curso: antigas máquinas de sulfatar restauradas e reconvertidas en reloxos de parede, renovadas maletas de madeira doutros tempos, cadros de toda clase(con fíos,en relevo, Castelaos, óleos..) , bisutería variada (pendentes, colares, aneis,...), mantelería, calceta, coxíns, “fofuchas” e un largo etc de orixinais traballos.

Chegado o momento dos actos protocolarios, o Excelentísimo Alcalde do Concello de A Merca e o Tesoureiro desta Asociación tomaban o relevo para pronunciar os obrigados discursos de clausura, no que loaban o extraordinario traballo levado a cabo polas asistentes ao curso e no que tamén se comprometían a seguir apoiando iniciativas destas características, en detrimento doutras (dado o actual ambiente de recortes) . Rematados os discurso, as participantes agasallaban ao Concello cunha fermosa tella decorada con imaxes de Castelao.

Tralos actos institucionais comezaba a "paparota", así os que alí estivemos puidemos degustar unha gran variedade de pinchos: froitos secos, tortilla, biscoitos de toda cor e sabor, rosquillas,empanada, bica, refrescos, viño branco e tinto, licores varios,.... en fin, e como soe ser tradicional nas festas que se levan a cabo e como se soe dicir: "non se fartou quen non quixo".

Salientar, que toda esta comida e bebida foi pagada polas asistentes ó curso, e por aqueles veciños que decidiron participar aportando o eu gran de area.

24 de Marzo do 2014




Destacamos