O prazo para a doazón de alimentos remata o vindeiro domingo, día 4 de Maio de 2014
Novamente, a solidariedade que amosan os veciños da parroquia de Zarracós cos máis necesitados é grandiosa, maxime nos tempos que vivimos. Así. e a poucos días para que remate a campaña emprendida por esta Asociación de Veciños en favor de Cáritas Ourense (O límite para facer achegas é o domingo 4 de Maio), a cantidade de alimentos recadados na mesma é extraordinaria, tal e como se pode observar na imaxe adxunta a este artigo.
Dende a Asociacón de Veciños queremos animarvos, a que se aínda non o fixestes, colaboredes con esta campaña que finaliza o vindeiro domingo, día 4 de Maio. Ao longo da vindeira semana,os alimentos que xuntemos serán recollidos por voluntarios de Cáritas e nesta páxina web publicaremos un albarán con todos os alimentos entregados.
30 de Abril do 2014