Relación de alimentos entregados a Cáritas Ourense

Dende a Asociación queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todos os veciños e veciñas pola súa excepcional colaboración

Relación de alimentos entregados a Cáritas Ourense
Relación de alimentos entregados a Cáritas Ourense

Un ano máis os veciños da parroquia de San Andrés de  Zarracós amosaron o seu lado máis solidiario volcándose coas familias que máis o necesitan nestes tempos tan difíciles. Foron máis de 170 kg de alimentos os que se entregaron a Cáritas Ourense: Galletas, leite, colacao, pasta, garbanzos, lentellas, arroz, mexilóns, sardiñas, aceite,... e un largo etc..

Por isto, dende a Asociación, soamente podemos expresar a nosa máis profunda gratitude a todos os veciños e veciñas da parroquia, que sen dúbida son conscientes das enormas necesidades que vive a nosa sociedade, e amosaron, de novo, a súa cara máis solidaria.

¡Grazas a todos e todas!

11 de Maio do 2014




Destacamos