A exposición do Bosque Máxico que terá lugar na parroquia de Zarracós figura nas principais axendas culturais da provincia

Turismo de Ourense, Tempo de Lecer Ourense e VOU! Axenda.com inclúen este evento nas súas axendas culturais

A exposición do Bosque Máxico que terá lugar na parroquia de Zarracós figura nas principais axendas culturais da provincia

A exposición do Bosque Máxico que terá lugar os vindeiros días 14 e 15 de Xuño no local socio-cultural da parroquia de Zarracós xa figura nas principais axendas culturais da provincia de Ourense: Turismo de Ourense (dependente do Inorde), Tempo de Lecer Ourense e VOU! Axenda.

Dende aquí queremos expresar o noso agradecemento a estes portais por facerse eco desta mostra e axudarnos a difundir este evento. Así mesmo, tamén queremos aproveitar a ocasión para animar a todos os veciños e veciñas da parroquia e da contorna para que vos animedes a visitar esta exposición e deixedes unha sinatura comentando que vos pareceu no libro de visitas que estará a saída da mesma.

www.tempodelecerourense.com

www.turismourense.com

www.vouaxenda.com

23 de Maio do 2014




Destacamos