A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando e xa está composta por máis de 300 instantáneas

Se desexades participar nesta fermosa iniciativa e achegar o voso gran de area para que continúe medrando, podedes facelo ata o domingo 20 de Xullo.

A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando e xa está composta por máis de 300 instantáneas
A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando e xa está composta por máis de 300 instantáneas

A colección de fotos antigas da parroquia de Zarracós segue medrando e xa está composta por máis de 300 instantáneas

No ano 2010 esta Asociación de Veciños, a iniciativa do seu secretario, iniciou o camiño para recuperar fotografías antigas da parroquia, e a día de hoxe, xa dispomos de máis de 300 instantáneas que reflexan a vitalidade que nun pasado non tan lexano tiveron estes nosos pobos.

Así, durante a festa das Neves 2014 intentaremos realizar unha nova edición da exitosa Exposición de Fotos Antigas da Parroquia de Zarracós, e xa van tres. Imaxes que foron visionadas centos e centos de veces por todos aqueles que nalgún intre se decidiron a achegarse ata o local socio-cultural da parroquia de Zarracós.

Son moitos os veciños que xa colaboraron nesta fermosa inciativa ao longo destes catro anos, e por iso dende aquí queremos darlle o noso máis profundo agradecemeto, ao mesmo tempo que aproveitar a ocasión para animar a todos aqueles que ainda non o fixestes a que colaboredes con esta idea e nos cedades as vosas fotos máis antigas. O prazo para facelo e participar na exposición deste ano será o vindeiro domingo día 20 de Xullo.

 

21 de Xuño do 2014




Destacamos