A revista dixital Tempo de Lecer Ourense inclúe na súa axenda as festas de 2014

Un dos sitios web máis visitados para coñecer todo canto evento cultural ou doutro tipo se desenvolve na provincia de Ourense

A revista dixital Tempo de Lecer Ourense inclúe na súa axenda as festas de 2014

Para todos aqueles que non coñezades este portal,Tempo de Lecer Ourense é unha revista dixital con información das actividades culturais, de ocio e tempo libre de Ourense e a súa provincia. A finalidade da publicación é a de servir de punto de encontro entre os axentes e dinamizadores culturais e o público interesado neste ámbito, de tal xeito que poida estar puntualmente informado de toda a oferta de ocio existente no seu entorno.

Tempo de Lecer persegue un dobre obxectivo: Por unha banda, informar a todas as persoas interesadas das posibilidades que teñen para gozar do seu tempo de ocio na provincia ourensá e, pola outra, cubrir os actos máis salientables dando conta do seu desenvolvemento a través de artigos que conteñen un texto escrito, fotografías ilustrativas do acto e un vídeo-resumo de entre 3 e 5 minutos de duración.

Tempo de Lecer aproveita tamén todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías con canais propios no Youtube e no Facebook, verdadeiras plataformas de comunicación que nos serven de enlace con moitas persoas de distintos lugares de Galicia e incluso do exterior ás que lles facemos chegar as convocatorias e a repercusión dos actos que acontecen na nosa provincia.

É así que, esta publicación dixital contén multitude de información sobre toda canta actividade lúdico-cultural se realiza na provincia de Ourense (festas, exposicións,concursos, concertos, deporte...), feito que fai que reciba milleiros de visitas tódolos días, e que de seguro dara a coñecer as nosas festas por toda a provincia e incluso máis aló das súas fronteiras.

Dende a Asociación de Veciños de Zarracós queremos dar as grazas a Tempo de Lecer Ourense pola gran atención dispensada e rápida resposta a nosa petición.

Podedes visitar a publicación no seguinte enlace: www.tempodelecerourense.com

 

23 de Xullo do 2014




Destacamos