Unha web que se consolida como a principal fonte de información festeira para a provincia de Ourense
Fiestas Ourense (http://www.fiestasourense.com) unha das principais páxinas web de información festeira para Ourense e provincia e que recibe milleiros de visitas ao longo de todo o verán, publica hoxe a festa das Neves da parroquia de Zarracós como evento recomendado para esta semana, algo que sen dúbida é de agradecer pois esta fin de semana hai grandes festas por toda a provincia: Palmés, Maceda, A Rúa, Grixoá, Pereiras, Barral, O Rosal, Cabreiroá, Arzadegos, Graíces....
Dende a Asociación de Veciños de Zarracós queremos dar as grazas a Fiestas Ourense pola gran atención que nos disperasaron e por realizar unha gran labor social, dando a coñecer as festas da nosa provincia dun xeito totalmente altruísta.
04 de Agosto do 2014