Será os días 8 e 9 de Agosto do vindeiro ano 2015
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós ten o pracer de presentar unha vez máis, van xa 22 anos consecutivos, o adianto do programa da festa das Neves correspondentes ao ano 2015.
Será os días 8 e 9 de agosto, xa que este ano, unha vez falado coa veciña parroquia de Entrambosríos decidiu moverse a festa para o fin de semana seguinte, coa finalidade de que todos aqueles que vos atopades na emigración poidades chegar sen problema algún, se así o desexades.
Alborada,procesión, misa e sesión vermouth coa charanga BCB de Celanova, que volveran as nosas festas por aclamación popular, trala boa acollida deste ano.
Festa e verbena continuada coa orquestra BRUJAS de Rianxo. O vindeiro ano adiantaremos un pouquiño o inicio da festa, e será as 22.30h
Alborada, procesión, misa e sesión vermouth coa charanga OS CALIQUEÑOS de Celanova, que estarán por primeira vez nas nosas festas.
Festa continuada coa orquestra NOCHE DE GALA de Lestedo
Dende a Asociación de Veciños agardamos que o programa presentado sexa do agrado de todos vos. Creemos nas nosas festas e na unidade da nosa parroquia, e por iso, ano tras ano loitamos para intentar levar a cabo unhas festas humildes, pero que non desmerezan para nada ás nosas xentes.
Comeza a conta atras!!!
13 de Setembro do 2014