Así foi a festa do San Andrés 2014

Celebrada o pasado domingo, día 30 de Novembro, contaba co asistencia de máis de sesenta veciños e veciñas

Así foi a festa do San Andrés 2014

O pasado domingo, día 30 de Novembro, tiña lugar a celebración na honra ao patrón da nosa parroquia: San Andrés. Este ano ao cadrar dita festividade en domingo, a misa solemne tiña lugar pola mañá, mentres que a  festa se pospuña ata as 5 da tarde, hora na que todos aqueles que así o desexaron puideron reunirse no local socio-cultural da parroquia de Zarracós.

Así, máis de sesenta persoas se deron cita nesta ocasión tan especial para dar boa conta duns pinchos, algúns elaborados por todos aqueles que se animaron a participar e outros da comida que no seu día sobrou do magosto: chourizos, tortilla, fiambre, empanada, bicas de toda clase, lacón, galletas, viño, refrescos, licores... e unha larga lista de manxares que serviron para cargar as forzas e a continuación troulearlle ,ata ben entrada a noite, ao son da música verbeneira seleccionada para tal evento ou das canterías entoadas polos asistentes.

Durante moitos anos as únicas celebracións da parroquia eran  Virxe das Neves e o San Ceriz, mentres que o San Andrés permaneceu no esquecemento,agora sen lugar a ningunha dúbida esta celebración comeza a consolidarse como unha festa a ter en conta entre as moitas que se celebran na nosa parroquia, e que sen contribúen a boa harmonía da veciñanza.

Podedes atopar unha pequena colección de fotos na nosa galería fotográfica: pulsa aquí para vela

02 de Decembro do 2014




Destacamos