Así foi o I Concerto de Aninovo Zarracós 2015

Celebrado o pasado sábado, día 3 de Xaneiro, na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós

Así foi o I Concerto de Aninovo Zarracós 2015

O pasado sábado, día 3 de Xaneiro, celebrouse na Igrexa Parroquial de San Andrés de Zarracós o I Concerto de Aninovo. Unha entrañable cita musical organizada e dirixida por Bieito Blanco coa colaboración do Excmo Concello de A Merca, así como, da Asociación de Veciños de Zarracós e dos veciños da parroquia.

Esta primeira edición, que de seguro terá continuidade en vindeiros anos, contou con múltiples actuacións nas que se interpretaron diversas panxoliñas tradicionais. En primeiro lugar actuou un coro composto por veciños e veciñas da parroquia de Zarracós que interpretaron tres “villancicos”, algúns deles recuperados do saber popular dos nosos maiores, seguidamente serían Iria (Frauta traveseira) e Claudia (Violín) as encargadas de por a nota instrumental, para logo cederlle o testigo a Bieito ao acordeón e Alba á pandeireta.  Posteriormente,  o cuarteto de acordeonistas da escola de música Bieito Blanco tomaría as rendas do concerto para amosarnos o seu bo facer con este complexo instrumento e a continuación Bieito Blanco (de novo ao acordeón), Xurxo (á guitarra) e a inconfundible voz de Aida Blanco achegarían o toque distintivo a este acontecemento,  non se esquecernos da gran voz do tenor Baldomero Pavón.  E como non podía ser doutro xeito o broche final as actuacións “Oficiais” poríao a gran Coral Cantares do Miño (de Velle).

Así, unha vez finalizado o programa oficial chegaría o momento de darlle ese toque particular que ten calquera evento que se prece na nosa zona, e en especial na nosa parroquia, que foi cando unha igrexa ateigada de veciños e veciñas da contorna entoou  a unha panxoliñas tan coñecidas como “Ande, ande, ande la marimorena”  ou “Campana sobre campana”.

Na galería fotográfica desta páxina web poderedes atopar unha extensa galería de fotos cedidas por Sonia Rodríguez Paz,a que dende aquí  queremos agradecer a súa colaboración.

13 de Xaneiro do 2015




Destacamos