O Concello de A Merca, en colaboración coa Deputación, arranxan o campo de fútbol de Zarracós

Resolta unha vella demanda da Asociación de Veciños de Zarracós

Dende hai uns 3-4 anos o aspecto que viña presentando o campo de fútbol de Zarracós era lamentable, as continuas falcatruadas do xabarín converteran  este espazo deportivo en impracticable para realizar calquera tipo de deporte, tanto é así, que nas dúas últimas festas das Neves non se celebrou o tradicional partido de fútbol entre as parroquias de Zarracós e Corvillón.

Pois ben, esta semana obreiros e maquinaria da Excma Deputación Provincial de Ourense,  enviados polo Excmo. Concello de A Merca a petición da Asociación de Veciños de Zarracós, procedían a arranxar o campo de fútbol cunha moto-niveladora e un pisón, deixando esta infraestrutura pública nunhas condicións máis que aceptables  para a práctica do “deporte rei”.

Dende a Asociación agardamos que o xabarín e algúns afeccionados aos trompos non volvan a facer das súas e se poida volver a usar este equipamento deportivo con total  normalidade por un largo espazo de tempo, podendo reeditar novos clásicos futbolísticos entre parroquias polas festas. Nas imaxes adxuntas a este artigo podedes ver como quedou o campo.

Aproveitando a ocasión, tamén queremos animarvos a que fagades uso destes espazos públicos creados para o disfrute de todos os veciños da zona.

17 de Xaneiro do 2015

Destacamos