Durante o pasado ano 2014 recibiu 3810 visitas de 2050 usuarios distintos
A páxina web da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós acada as mellores cifras de visitantes dende a súa creación aló polo ano 2004. Durante o pasado ano 2014 esta páxina web recibiu ,nada máis e nada menos, que 3810 visitas, realizadas por 2050 usuarios distintos. Estas cifras supoñen un aumento de visitas do 21,88% e un aumento de usuarios do 40,22% con respecto ao pasado ano 2013.
A maior parte destas visitas foron realizadas dende España (3336 visitas) , e máis concretamente dende: Ourense, Madrid, Vigo, Barcelona, Santiago de Compostela, A Coruña, Victoria-Gasteiz, Durango, Bilbao, Alcobendas, Lugo, Santander, Málaga, Mataró e así ata 90 localidades distintas. Pero tamén recibiu visitas internacionais dende países como: Brasil, Estados Unidos, Italia, México, Portugal, Suiza, Francia, Colombia, Reino Unido, Noruega, Rusia, Alemaña e así ata máis de 65 países distintos.
Os usuarios viron un total de 10818 páxinas, sendo as dez máis vistas as listadas a continuación:
Durante o pasado ano 2014 esta asociación tamén apostou fortemente pola apertura as redes sociais, centrándose esencialmente en Facebook, onde o noso perfil xa acada os 248 amigos, aos que durante todo este tempo mantivemos completamente informados de todo canto aconteceu na nosa parroquia.
Outra das apostas fortes realizadas no pasado ano, foi dar a coñecer todo o que facemos na nosa parroquia ao mundo a través da nosa canle de Youtube e dos múltiples vídeos que gravamos durante todos estes anos. É así que, na nosa canle podedes atopar un total de 175 vídeos e xa contamos con 14 suscriptores. Estes vídeos que foron reproducidos máis de 9800 veces no 2014, sendo os que acadaron máis popularidade os seguintes:
Para que poidades ilustrar un pouco todas estas cifras axuntamos a este artigo unhas cantas gráficas que nos ofrece o noso contador de visitas.
30 de Xaneiro do 2015