A brigada de obras do Excmo. Concello de A Merca, grazas a cesión de terreo realizada polos propietarios das leiras colidantes ao camiño, ven de anchar a entrada ao barrio da Torre en Zarracós. Para elo, tiráronse as vellas paredes de pedra e volvéronse a levantar novamente completamente dereitas, empregando a mesma pedra que xa tiñan.
Unha obra anhelada por moitos, que sen lugar a ningunha dúbida facilitará o acceso a este barrio tanto a vehículos lixeiros como a algún pequeno camión ou furgoneta.
14 de Marzo do 2015