O IV Serán de Zarracós exaltou a música tradicional

A celebración tivo lugar o pasado sábado 15 de xuño do 2024

O IV Serán de Zarracós exaltou a música tradicional

O Serán de Zarracós é unha celebración que naceu para festexar a fin de curso das alumnos e alumnos de pandeireta e canto tradicional. Este ano celebrouse o pasado sábado, 15 de xuño, e nel congregouse un bo número de veciñas e veciños da parroquia, así como, dos pobos limítrofes para gozar da actuación das alumnas e alumnos do curso, así como, dos grupos que se animaron a participar da celebración.

Primeiramente, actuaron os anfitrións do evento que interpretaron varias cancións divididas en dous seráns, o primeiro composto por: “Xota de Rianxo”, ”Maneo de Montemaior”, “Muiñeira de Zobra” e “Agarrado de Liñares” e o segundo: ”Pasodobre das Cortellas”, “O Cantar do Arrieiro” , “Sei Cantar” e “Pasodobre e muiñeira corrida Morena por ti”

De seguido sería a quenda para a Asociación Cultural Somos Nos (de Celanova) e para un grupo de amigos e amigas da parroquia que non dubidaron en botar man dos seus instrumentos para tocarlle unhas pezas e sumarse ó Serán.

Entre todos eles, montaron unha gran “foliada” facendo un bo repaso polo cancioneiro popular Galego mentres o torreiro se arrancaba a bailarlle unhas pezas ou  a acompañar coas súas gorxas.

No medio das diferentes actuacións musicais que se foron sucedendo ó longo da tarde, realizáronse catro sorteos de produtos locais grazas a extraordinaria colaboración de empresas da zona: Carnicería Costa, Panadería Fontelo, Queixos Feijoo, O Forno do Tomás, Confitería Luisa, Panadería Marbella, Mel do Caminero, Construcións Nóvoa, Servidona Alimentación e Xesta Brava. Parabéns ás persoas agraciadas!!

Unha vez rematadas as actuacións dos grupos participantes, a esmorga trasladaríase ó interior local sociocultural,  onde o público asistente puido dar boa conta duns abundantes pinchos por cortesía das alumnas e alumnos do curso. Unha xuntanza humilde, pero que deu lugar a animosas conversas e  canterías.

Dende a asociación de veciños queremos agradecer o gran traballo realizado por Cristina Calle (profesora de canto e  pandeireta). Así mesmo, tamén queremos darlle as grazas ás agrupacións musicais que se animaron a participar deste evento cultural de forma totalmente altruísta. Mil grazas!!

Agardamos que este sinxelo evento fose do agrado de todos aqueles que vos animastes a vir polo campo da festa de Zarracós, e ogallá que nunca falte o bo humor e as ganas de festa nos nosos pobos.

A continuación deixámosvos o vídeo completo do evento e o enlace a unha galería fotográfica:

19 de Xuño do 2024

Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
Serán Zarracós 2024
 

Destacamos