Éxito da primeira Festa Branca organizada pola xuventude

O evento tivo lugar o pasado xoves 15 de agosto do 2024

Éxito da primeira Festa Branca organizada pola xuventude

O pasado xoves, día 15 de agosto, celebrábase a primeira Festa Ibicenca ou Festa Branca organizada pola xuventude. Esta obtivo unha grande acollida e congregou a numeroso público da contorna no campo da festa de Zarracós, que vestidos como corresponde, con roupa branca, puideron gozar dunha velada realmente agradable.

Dende aquí queremos darlle as grazas a xuventude por esta “novidosa” iniciativa e animalos a que continúen nesa senda!

 

22 de Agosto do 2024




Destacamos