O cinema de verán espertou a nostalxia polos tempos pasados

O pasado xoves 8 de agosto proxectouse a Festa das Neves do ano 1993

O cinema de verán espertou a nostalxia polos tempos pasados

Este ano,  por iniciativa dun grupo de veciñas e veciños e aproveitando que a asociación de veciños dispón de todo o material necesario para realizar este tipo de eventos,  organizouse unha velada de cinema ao aire libre coa proxección do vídeo da “Festa das Neves Zarracós 1993”.

A cita tivo lugar a noite do pasado xoves, 8 de agosto, na céntrica praza do Campo en Zarracós e a ela acudiron máis dun cento de persoas dispostas a gozar da proxección que, sen lugar a ningunha dúbida, espertou a nostalxia polos tempos pasados ao recoñecer no vídeo a gran multitude de persoas que xa non están entre nos ou incluso a nos mesmos de máis novos ou pequenos.

Ao mesmo tempo, os máis cativos aproveitaron para montar un pequeno bar e vender algo de bebida e uns flocos de millo, prolongando a xornada ata ben entrada a noite con música de todas as épocas.

A continuación deixámosvos o vídeo da “Festa das Neves Zarracós 1993” para que poidades velo cando queirades:

20 de Agosto do 2024




Destacamos