Aviso - Bandeiriñas Festa

Aviso - Bandeiriñas Festa

Colocar as bandeiras para adornar as rúas da parroquia é un traballo que cada vez se complica máis pola ausencia de relevo xeracional. En consecuencia, e ao igual que nos últimos anos a organización soamente vai colocar bandeiras no Campiño da Igrexa Parroquial.

Aqueles veciños que desexen engalanar a súa casa, patio ou rúa, poderán pasar a recoller o seu tramo de bandeiras no lugar e data que figuran de seguido:

  • Local sociocultural de Zarracós
  • Domingo 14 de xullo de 11:30 a 12:30 horas

Se por calquera cuestión non fose posible acudir a esta cita, de xeito excepcional, tamén poderedes recollelas xunto ao José Manuel no Outeiro.

 

12 de Xullo do 2024




Destacamos